UN RELATO COLECTIVO SOBRE O TERRITORIO

CÓNTAME FERROL
TI TAMÉN!

SE NON TES CONTIDOS APROVEITA
E INSCRÍBETE NESTE NOVO OBRADOIRO!


Tralas experiencias desta pasada primavera sobre creación de contidos e novos formatos e narrativas, o Concello pon en marcha un obradoiro de creación audiovisual e mapeo dixital.

  • Este novo percorrido formativo está dirixido a calquera persoa creativa, especialmente a aquelas relacionadas coa arte, o asociacionismo e os ámbitos educativo e sociocultural.
  • Ofrecerá a posibilidade de aprender a realizar pequenas pezas de vídeo e situalas nun mapa dixital, xerando un percorrido polo territorio en base a tres posibles temas a escoller: a memoria industrial, a memoria veciñal e a memoria dos lugares. 
  • O taller dispón de 20 prazas. Desenvolverase entre o 17 de setembro e o 5 de novembro, terá carácter semi-presencial e unha orientación moi práctica. As 40 horas de adicación total previstas distribuiranse entre sesións presenciais, en liña e traballo persoal.
  • O resultado final será un mapa que poderá verse nesta mesma web en decembro, xunto cos demais contidos que se recompilen no marco do proxecto.
  • As sesións presenciais terán lugar no Centro Cívico de Canido.

Calendario do obradoiro:


A inscrición estará aberta ata o 13 de setembro ou ata pechar a capacidade do obradoiro.

Cóntame Ferrol

* indicates required

Condicións de uso e tratamento de datos.

O Concello de Ferrol infórmache sobre a súa Política de Privacidade ao respecto do tratamento e protección dos datos de carácter persoal dos usuarios e clientes. Neste sentido, o Titular garante o cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, reflectida na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e de Garantía de Dereitos Dixitais (LOPD GDD). Cumpre tamén co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas (RGPD).


Concello de Ferrol
Praza de Armas, s/n
Ferrol, A Coruña 15402
Spain